Antena 5 Radio denuncia interferencias de Radio Redondela
Marzo 28th, 2007A emisora Antena 5 Radio de Vigo denuncia hoxe no diario Faro de Vigo as interferencias que produce na súa frecuencia (94.40 FM) a programación da Radio Municipal de Redondela, que ademais de emitir na súa concesión administrativa (94.90 FM), tamén utiliza o 94.40 FM no interior do casco urbano. O director da emisora viguesa, Manuel Outerelo, asegura que o uso da súa frecuencia en Redondela pola radio municipal estalle causando importantes prexuízos, tanto económicos como de difusión, posto que impide que os redondelanos poidan escoitar o seu programación. Ademais, segundo explica, as interferencias afectan tamén ata á parroquia de Chapela e zonas de Vigo como o barrio de Teis. Manuel Outerelo recorda que Antena 5 Radio leva emitindo desde 1996 na frecuencia 94.4 FM, polo que solicita aos responsables da radio redondelana que só utilicen a súa frecuencia oficial (94.90 FM) ou, se queren duplicala, que usen unha que non interfira con outras radios da comarca. O responsable de Antena 5 Radio afirma levar máis dun ano reclamando ao Concello de Redondela unha solución ao problema, pero ante a falta de resposta, recorreu á Secretaría de Estado de Telecomunicaciones.
